• O interior do vehículo alcanza baixo a luz do sol temperaturas moi elevadas.
Recoméndase evitar a exposición do sistema de retención ao sol ou cubrilo en
caso de non utilizalo, para evitar posibles queimaduras do neno e deterioro das
partes e cor do produto.
• Cando este produto alcance o final da súa vida útil, recomendámoslle
encarecidamente que o leve a un punto limpo ou a un centro de reciclaxe
designado. A disposición axeitada deste produto contribúe á protección do medio
ambiente e ao uso eficiente dos recursos.
A garantía quedará anulada polas seguintes causas:
• O período de garantía expirou segundo a súa data de compra.
• Produtos que presenten danos causados por operacións ou usos inadecuados,
incorrectos e/ou diferentes aos especificados no manual do usuario ou causados
por fontes externas, golpes, fisuras, evidencias de residuos, de humidade, suor
ou comida dentro do produto.
• Produtos que presenten danos causados por perda ou accidente, tales como
lume, vandalismo, auga, area, produtos químicos, suxidade, oxidación, corrosión,
insectos ou similares.
• Produtos que presenten danos causados pola modificación ou reparación
efectuada por centros de servizo ou persoal non autorizado por PLAYGROUP.
• Os produtos que non leven identificadas correctamente a etiqueta de
homologación e de serie ou fabricación, ou que estas foran modificadas,
alteradas, borradas ou deterioradas.
• Os produtos que non tiveran mantemento e limpeza adecuados para asegurar
o correcto funcionamento do produto.
CONDICIÓNS DA GARANTÍA
17